Aprobado o Plan Único, que inxectará cinco millóns nos municipios da Mariña

Viveiro, con 500.000 euros, será o concello da bisbarra cunha maior achega

Pazo de San Marcos. AXM

O Pleno da Deputación aprobou este martes nunha sesión extraordinaria por unanimidade as actuacións do Plan Único 2019. Está dotado con 24,5 millóns de euros para realizar investimentos nos 67 concellos lucenses; deles, 4,935 millóns de euros nos 16 municipios da Mariña Lucense.

Este é o reparto para os concellos mariñaos:

ALFOZ 268.158,30 €
BARREIROS 269.857,07 €
BURELA 361.693,72 €
CERVO 286.904,29 €
FOZ 410.084,18 €
LOURENZÁ 248.714,26 €
MONDOÑEDO 301.862,80 €
OUROL 300.918,94 €
PONTENOVA (A) 268.743,11 €
RIBADEO 430.058,60 €
RIOTORTO 234.354,98 €
TRABADA 248.838,69 €
VALADOURO (O) 282.708,15 €
VICEDO (O) 251.292,22 €
VIVEIRO 500.000,00 €
XOVE 271.772,67 €

 

OBRAS, SERVIZOS SOCIAIS E EMPREGO

Os fondos do Plan Único servirán para impulsar as prestacións públicas, os servizos sociais e o emprego. Un total de 16,7 millóns irán destinados a 329 obras mellora en prestacións públicas, ademais de parar xerar ou manter un mínimo de 1.000 postos de traballo para a súa realización.

Achegaranse tres millóns de euros ao Servizo de Axuda no Fogar a persoas non dependentes, que permitirá ofrecer atención profesional a uns 3.000 maiores da provincia, ademais da contratación dun mínimo de 300 profesionais a xornada completa e durante un ano. Con este orzamento ofrécense máis de 300.000 horas de atención profesional.

Destinarase un total de 3,6 millóns de euros para a contratación duns 315 lucenses en paro, a través do DepuEmprego.

As 55 citas turísticas e gastronómicas de 44 concellos recibirán un total de 650.000 euros para a súa celebración. Outros 40 eventos culturais en outros tantos concellos percibirán 490.000 euros para o seu desenvolvemento. No tocante ao deporte, apoiaranse 42 competicións con 400.000 euros.

Por último, financiaranse con 17.000 euros grupos de Protección Civil e con outros 105.000 gastos en administración electrónica.

ANTICIPO

A partir deste martes, os municipios poden solicitar un anticipo do 50% dos fondos que lles corresponden, o que permitirá inxectar 12 millóns de euros na provincia en xuño. Unha vez aprobado o Plan Único, así como a modificación orzamentaria, ábrese un prazo legal de 15 días para a presentación de alegacións. Transcorrido estes períodos poderanse ingresar nas arcas municipais dos 67 Concellos estes fondos.

CRÍTICAS DO PP

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, asegurou que o Plan Único “corrixe oito anos de auténtico sectarismo e uso discriminatorio dos recursos de todos os lucenses”. A voceira dos conservadores afirmou que no 2014, co goberno provincial bipartito, “houbo 42 subvencións excepcionais, 5,5 millóns de euros, dos cales 3,3 millóns foron para o PSOE, 1,2 millóns de euros para concellos do BNG e un 11% para concellos gobernados polo PP; 574.000 euros. Hoxe isto é pasado e esperamos que non se volva repetir”, concluíu. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here